ATENCION DOMICILIARIA

PARTE DA HISTORIA DUNHA NAI


Non todo o mundo o sabe pero en Monforte de Lemos vive unha muller con unha dura e entrañable historia. A historia de alguén que un día tivo que elexir entre o sacrificio máximo posible que pode realizar unha persoa por outra ou que o seu fillo quedase nunha sala de UCI por tempo indefinido.
Non tivo dudas. Elexiu darlle a calor e o cariño de nai aínda que eso implicase comprometerse a facerlle os cuidados e a aprender as técnicas de enfermería que o seu fillo precisaba.

Pronto, todo iso fíxose pouco para facer. ANTONIO merecía máis.
Merecía levar una vida e non só estar postergado a esperar. Esperar, esperar... ¿canto se pode esperar por aquelo que non dá chegado?
Decidiu afrontar a realidade e aproveitar as posibilidades de Antonio e loitar ata a saciedade por todas as que lle faltan.
No colexio conocémolos cando Antonio era un rapaciño, sabendo xa ler e moitas outras cousas máis con 10 anos.
Toca preguntarse ¿Cantas horas pasaría ese neniño dende o primeiro ano de vida no colo de súa nai para que non podendo falar, nin xesticular a nai poidese establecer un sistema de comunicación con él a través do parpadeos dos ollos? ¿Cantas veces o acariciaría para saber cando empezou a ter algo de sensibilidade no seu corpo?
¿Cantas veces faría probas coas letras ata ver que era capaz de ler?
¿Cantas veces o observaría e o estimularía para percatarse de que tiña pequenas contracións voluntarias en derminados músculos que lle permitiron adaptar un pulsador, que o día de hoxe permítelle o uso dun  ratón dun  ordenador e dun scalextric? Por certo, pulsador que lle adaptou ela mesma para que puidese ser funcional.

Todas esas horas son fáciles de calcular. Basta con multiplicar 20 anos x 365 dias x 12 horas diarias.
O complicado está en saber como é posible que sexa exactamente así.

Plantease aí que o neno reciba escola, non porque non puidese ela transmitirlle as materias do xeito que xa viña facendo, se non porque todo neno ten dereito á escola.

E do planteamiento pásase a acción, é dicir, a loita por conseguir esa escolarización, que tampouco foi camiño de rosas. As mesmas trabas apareceron para conseguir un servizo de fisioterapia do SERGAS que repetira diariamente as movilizacións, masaxes e outras técnicas que esa nai lle regala a Antonio cada día do ano, sin saltarse os fins de semana, nin festivos... porque nos dereitos de nai( e neste caso, máis) non existe o dereito a tomarse un día libre.

Só falo aquí de 4 cousas puntuais dunha larga historia cargada de detallles. Evidente é, que tiveron que pasar moitas cousas personais, familiares, sociais, económicas..... para chegar o punto no que se atopan. Unha nai que vive coa limitación de non saír da casa porque Antonio pode estala necesitando agora mesmo.

Unha nai que agradece as posibilidades que lle brindou Internet porque lle dá a opción de buscar cousas que lle poidan aportar beneficios a Antonio.

E con estes ingredientes temos unha nai que prepara  materia para que as mestras lla presenten a Antonio da forma adaptada que se require. E ademais, contan as mestras de ¡como a prepara!, digno de recopilalo para un libro didáctico.
Unha nai que aprende cousas de Mediciña Natural, de Osteopatía, de Fisioterapia, de Reiki.....de todo aquelo co que se atopa e que ve que pode probar con Antonio.
Unha nai que desenrolou unha sensibilidade nas mans que todos os sanitarios deberíamos poseer pero que non se aprende precisamente estudiando, e que, polo tanto, soemos carecer dela.

Seguen sendo moitos os párrafos que se poden escribir nesta introducción a historia dunha nai que decide loitar por vivir, por experimentar, por aprender, por ver, por cuidar, por buscar un sorriso, unha vivencia, unha sensación, unha pequena mellora... pero coa carga de que o ten que facer 100% por 2 seres á vez, e sin saír dun piso en Monforte de Lemos.

Toda esta loita traelle unha sinxela recompensa: ter a súa conciencia aserenada, o pulsioxímetro de Antonio con unha saturación do 99%, unha lista de logros que vai alcanzando e unha mirada intensa do seu fillo expresando que está animado en escoitar unha nova canción, en aprender algo máis.....

Nas mans da sociedade que a rodeamos está que recibira máis recompensas ( aínda que ela non as busca nin as espera), pero todos temos tantos quefaceres e expectativas que nunca temos tempo para recompensar a ninguén, salvo casualidades.

Este escrito considérase unha pequena casualidade que podería contribuír ó nacemento dalgunha outra casualidade. OXALÁ ALGÚN DÍA CHEGUEN A VÓS TODAS AS CASUALIDADES QUE VOS MERECEDES.

Apertas os dous.









Papá Noel visita a Antonio


.Cantamoslle o cumpreanos feliz dende o colexio:

Papá Noel na casa de Antonio un ano máis. 

 

GRADUACION ANTONIO

http://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2017/06/29/aprobar-solo-mirada/0003_201706E29P60991.htm















1 comentario:

MILA dijo...

Palabras que definen a muller que è Margarita unha muller a que cada día admiro máis e que é o claro exemplo de loita por e para Antonio ainda que fai pouco que nos coñecemos exemplo a seguir para o que me queda por vivir bonitas palabras Montse