REVISTA ESCOLAR

Artículos publicados na revista escolar Infantinovas :



Resultado de imagen de uso de remedios caserosREMEDIOS CASEIROS
                        Son os remedios caseiros eses toques de cuidados que nos poden axudar a aliviar molestias e que temos ó alcance de todos. En verdá, que deberíamos preocuparnos por coñecelos e seguir botando man deles.
            A idea que conlevan ( evitar na medida do posible o uso de fármacos) e os métodos que usan (baños, ungüentos, cataplasmas, envolturas…) fan que teñan unha estricta relación coa fisioterapia.
Acércovos aquí algúns exemplos sinxelos e coñecidos por todos sacados da páxina web www.remedioscaseirosweb.com :
1.- Contra o estrés, evitaremos o café, o tabaco e o alcohol , realizaremos exercicio 30-40 minutos díarios e realizaremos  varias respiracións profundas.

2.- Se che doe a garganta, podes probar disolvendo 1 cucharada de sal nunha taza de auga tibia e facer gárgaras con esa preparación varias veces ó día.

3.-Se che empeza unha dor de moas, poderás encontrar alivio se pelas e machacas un dente de allo e o colocas sobre a moa. Pero mellor ca eso, evita as caries cepillando os dentes despois das comidas e come mazás verdes que fortalecen as encías.
4.- Un dos remedios caseiros para o estriñemento é picar 2 kiwis , engadirlle iogur natural e consumilo calmadamente.
5.- Se che se iniciou unha dor no pescozo ou nas costas, masaxea suavemente a zona con 10 gotas de aceite de romero( que é relaxante muscular) mezcladas con 2 cucharadas de aceite de oliva.
6.- No caso de padecer unha dermatitis por uso de pañal, ferver 3 cucharadas de manzanilla en ½ taza de auga durante 5 minutos e aplícalo a modo de compresas sobre a zona afectada, deixando que se seque ó aire libre podería axudarche.

            7.- Se acabas de levar un golpe e non tes ferida , acórdate de aplicarlle axiña xeo envolto nunha toalla mínimo durante uns 5 minutos.

            8.- Case todo o mundo ten probado extraer o zume dun limón en auga tibia cunha cucharada de mel  para aliviar os síntomas dun resfriado.
            9.-Se padeces calambres nocturnos, fai a proba de verter nun vaso de leite unha cucharada de mel e o zume dun limón antes de durmir.

            10.- Para casos de dores nas articulacións , pon a macerar as cáscaras de 2 limóns en aceite de oliva durante 2 semanas. Logo aplica ese aceite nunhas envolturas cunhas vendas na articulación na que tes dor, e cubreo con film de cociña e unha toalla . É un pouco engorroso pero se o mantés durante unha noite seguramente te despertes con menos dor. ¡Que así sexa!
      
11.-Fumar é un hábito nefasto para o organismo. Se queres deixar de fumar, masticar un trozo de zanahoria e logo chupar un trozo de canela en rama poderíache axudar no teu propósito.
…..Anímate a buscar información do que precises pero sempre hai que ser prudente. Métodos naturais poden non ser eficaces ou ser perxudiciais.


FISIOTERAPIA . 
A ximnasia rítmica.
http://ts4.mm.bing.net/th?id=H.4976618246307943&pid=15.1





 A ximnasia rítmica é unha disciplina que combina elementos de ballet, ximnasia e danza.


http://ts1.mm.bing.net/th?id=H.4944917093680792&pid=15.1
Esta disciplina  caracterízase polo uso de diversos instrumentos que favorecen  a estética dos exercicios realizados. Entre estos aparatos, os máis utilizados e populares son a corda, a pelota, o aro, a cinta e as mazas.



http://ts3.mm.bing.net/th?id=H.4792888143315134&pid=15.1Neste deporte realízanse tanto competicións como exhibicións nas que  se acompaña de música para manter un ritmo nos movementos.               

A ximnasia rítmica pode practicarse tanto de forma individual como formando duetos, tríos, cuartetos, e incluso quintetos.

Se se fai dende unha curta idade é unha  gran ventaxa para evitar a típica pérdida de  elasticidade que ocurre xustamente coa idade.


A ximnasia rítmica surxe como deporte na década dos 30, na antigüa URSS.  En 1984 pasa a ser disciplina olímpica nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles. A modalidade de conxuntos foi admitida nos Xogos Olímpicos de Atlanta en 1996, sendo o primeiro posto para España.

A  práctica da ximnasia rítmica  axuda a: 
- Estimular a coordinación. 
- Favorecer a flexibilidade e  a forza muscular. 
- Correxir malas posturas. 
- Aumentar a confianza nun mesmo e xenerar un sentimento de seguridade. 
- Fomentar o equilibrio. 
- Fomentar a concentración. 
- Enseñar a importancia do traballo en equipo, o compañerismo e o respeto polos demais. 
- Desarrollar o sentido da harmonía e da estética

Co fin de aproveitarnos destes beneficios incorporamos neste curso sesións desta disciplina e como mostra deste traballo fixemos unha exhibición nas Xornadas de  Special Olympics.




Natalia González e Natalia Sánchez no momento de recollida da medalla da exhibición de Ximnasia Ritmica de Special Olympics. A Coruña. Marzo 2013.



Descripción: C:\Users\montsejul\Downloads\rev.jpg     AS COREOGRAFÍAS

A fisioterapeuta do colexio considera que a súa función neste colexio ten moito que ver con realizar actividades físicas que integren a movilidade do corpo dunha forma global e que axuden a un autocoñecemento e mellora das capacidades motrices. E é daí como surxe a posta en práctica de “actividades alternativas” como o ioga, paseos, aerobic, uso de bicicletas, ir a piscina…
Dentro destas actividades a música destaca como instrumento para a motivación ó movemento e a gran maioría dos nenos do colexio disfrutan considerablemente con ela.
Un paso máis aló de bailar libremente está aprender coreografías, as cales esixen intentar realizar movementos que xa non saen espontáneamente, se non  que se requiere memorizalos, requierese concentración para saber para que lado toca moverse, cal é a man que hai que levantar e en qué momento, sin que ninguén se adiante, sin que ninguén quede atrás….
Descripción: C:\Users\montsejul\Downloads\revista.jpg
E outro paso máis é facer destas coreografías un espectáculo, que a maiores require ter que vestirse para a ocasión e controlar os nervios, os medos, a timidez e os enfados.
Nas coreografías o elemento máis motivador para  os rapaces é saber que o día das actuacións están os seus país, os irmáns, avós, amigos….Poida que ese día nos saia mellor do que esperábamos ou non tan ben como nos ensaios pero o que sí é seguro é que estamos contentos de que nos veñades  ver.
Neste curso fixemos coreografías para o día da celebración do Samaín (“Thriller” de Michael Jackson) Descripción: H:\Curso2010-11\Samaín\CIMG2541.JPGe para a celebración do Nadal (“Navidad Rock”), Descripción: http://t2.gstatic.com/images?q=tbn:ANd9GcSCH32ntK989aeKQNrVD9Ky2UaBDQ0K9v2WCU1huG-ZaSlgmBec
 e contamos realizar outra para o día de fin fin de curso(“Waka-waka” de Shakira). Descripción: http://tampiqueando.com/wp-content/uploads/2010/04/shakira-2.jpg
Deseamos que disfrutarades con elas.




















 O MARATÓN DO ESTUDIANTE

Un maratón é unha proba  atlética de resistencia con categoría olímpica que consiste en correr a pé a distancia de 42.195 metros, é dicir, como ir de Monforte a Orense.

¿Coñeces a alguén que fose correndo dende Monforte a Orense?
¡¡¡BUFF!! Non é doado.

Eu quixen recordar ese día aquí porque é unha das actividades que no colexio vimos realizando dende xa fai anos e porque quería contarvos que a orixe do maratón ven de  cando un soldado grego  foi correndo  precisamente dende unha cidade que se chama Maratón ata outra (Atenas) para anunciar a victoria do exército grego. O pobre morreu de fatiga despois de correr os 40 Km que separan as 2 cidades. En honor a él creouse a competición co nome de maratón.

No maratón do estudiante que se realiza en Monforte faltan bastantes kilómetros para que sexa un maratón olímpico, o maratón do estudiante de Monforte é unha competición que nos fixo entrenar no mes de maio,










poñernos nerviosos antes de comenzar a proba,






 cansarnos durante a carreira e








¡¡ disfrutar dos premios conseguidos!!


A HIPOTERAPIA







Son moitos os servicios que ó longo da historia nos ofreceu o cabalo, este animaliño de corpo tan musculoso e mirada dócil. Serviunos de modo de transporte, axudounos en traballos de labranza, participou en carreiras e en concursos de beleza e ata aprendeu a bailar para deleite noso. Agora, vamos recordar aquí, outro uso que nos está dando, e que tal vez, para algúns de vós sexa máis novedoso: a hipoterapia.


A hipoterapia é unha alternativa terapéutica basada no uso do movemento multidimensional do cabalo para o tratamento de diferentes afeccións físicas e mentais.

 O movemento de vaivén do cabalo obliga  ó xinete  a adaptarse e responder ás diferentes sensacións, afectando a todo o corpo, o que se resolve  nunha melloría global.
O trote do cabalo transmite ó xinete moitos movementos que lle permiten experimentar sensacións nunca antes tidas, as cales supoñen estímulos para mellorar a sensibilidade, a movilidade nas articulacións e no tono muscular.
A maiores tamén supón un xeito de entrenar o equilibrio e a coordinación. Por todo eso, xustificase o seu aproveitamento para persoas que sufren diferentes parálisis.
Pero  tamén se observaron beneficios noutros planos como no da comunicación ou no do comportamento: nenos autistas, incapaces de mostrar afecto cara os familiares máis achegados reaccionan abrazando o cabalo, ou nenos hiperactivos alcanzan estados de relaxación....

Por eso, están recoñecidos ós seus resultados en persoas con problemas moi variopintos como parálisis, autismo, síndrome de Down, Espina Bífida, incapacidade intelectual, discapacidade sensorial, problemas de comportamento, alteracións da fala...






Non podemos pensar que se trata dunha “cura milagrosa” para todas as afeccións citadas pero temos que pensar que é un método complementario que lles mellora a calidade de vida e que supón un tratamento que é asumido polo neno como unha diversión.





E os nenos do Infanta Elena xa saben que, polo menos, esto de que é divertido é certo xa que todos tivestes a oportunidade de montar nun cabalo na excursión fin de curso. ¿Recordadelo?



    YOGA     
O yoga consiste en ir realizando de forma suave diferentes posturas e mantelas un certo tempo. É moi importante atender a como respiramos (temos que coller  moito aire e polo nariz).
O yoga nace  en Oriente (na India) fai moitos anos.
O yoga é beneficioso para a  mente e o corpo, xa que:

1.-Mellora a  flexibilidade xeral. Na primera clase, probablemente non sexas capaz de tocar as puntas dos pés coas mans, pero se o fas moitos días chegarás a facer cousas que non dabas feito.

2.-Mellora o equilibrio, xa que en moitas das posturas ponse a proba.


POSTURA DA ÁRBORE

4.- Descende a presión arterial
Unha cousa tan sinxela como adoptar a  postura do morto  axudaranos a  relaxar o corazón.

POSTURA DO MORTO

3.- Mellora a circulación
Axudanos  a que o sangue volte ó corazón.

POSTURA DA VELA


6.-Serve para relaxarse.
 Se o fas ben, ó rematar, atoparaste máis tranquilo.


POSTURA DE LOTO

7.- Aumenta a capacidade respiratoria .


POSTURA DO ARCO
PARA REALIZAR UNHA SESIÓN DE YOGA, RECORDA:

1.-Usar roupa cómoda e quitar as gafas, reloxes, xoias….

2.-Esperar polo menos 1 hora despois de comer.
3.-Estar caladiño.
4.-Non esforzarse demasiado.
5.-Realizar as posturas de forma lenta.





FOTO DA SESIÓN DE YOGA NO COLEXIO




......

TEST DE VIDA SANA


¿Levas un estilo de vida saudabre?

     
SI
ÁS VECES
NON

1.-¿Dormes entre 8 e 10 horas  tódolos días?





2.-¿Desayunas tódolos días?





3.- ¿No desayuno inclúes froita?





4.- ¿Gústache a carne e o pescado?





5.- Cando tes sede ¿soes beber auga mineral?





6.- ¿Vas andando ó colexio?





7.- ¿Fas algún tipo de exercicio físico tódolos días ?   





8.- ¿ Soes comer “comida rápida” ( comida precociñada )?





9.- ¿ Bebes alcohol?





10.- ¿ Comes dulces ou golosinas case tódolos días?





11.- ¿ Dedicas algun tempo todolos días á lectura?





12.- ¿Ves a televisión mais de 2 horas ó día?





13.- ¿Enredaste en xogos de ordenador máis de 2 horas ó día?





14.- ¿ Cepillaste os dentes despois de tódalas comidas?






15.- ¿ Sabes relaxarte ( tumbado en silencio) durante mínimo media hora ó día?





16.-¿ Duchaste tódolos días?








SOLUCIÓN Ó TEST.


  • Da pregunta 1 a 8 :

Por cada SI = 2 PUNTOS

Por cada AS VECES = 1 PUNTO

Por cada NON = O PUNTOS


  • Da pregunta 8 a 16:

Por cada SI = 0 PUNTOS

Por cada AS VECES = 1 PUNTO

Por cada NON = 2 PUNTOS

Resultado:

-De 0 a 12 puntos:  Deberías cambiar aspectos da túa forma de vida. Proponte intentar cambiar en algo e sintete contento cada vez que o fagas. Cuidarse é unha forma de vida satisfactoria.

-De 12 a  28 puntos : Non o fas mal pero como xa sabes  hai moitas cousas nas que podes mellorar. Ponte algunha como obxectivo e despois dun tempo volve a facer este test.

-De 28 a 32 puntos: Coñeces a forma para vivir ben. Tal vez no que tes que esforzarte é en facer TI solo por seguir ese estilo de vida e NON NECESITAR AXUDA  para cuidarte.



AS 7 DIFERENZAS


Este pasatempo é para que lembres todas as veces que fixemos deportes ó longo do curso.
Busca as 7 cousas que diferenzan estes 2 debuxos.











SOLUCIÓN AS 7 DIFERENZAS:

1.-A cor das zapatillas non é a mesma.

2.-Un dos xogadores olvidou poñer os calcetíns.

3.-Un non ten número na camiseta e o outro é o número 1.

4.-Un dos xogadores leva uns días sen se afeitar e outro afeitouse esta mañá.

5.-Un dos xogadores parou o balón, pero e o outro ¿onde lle vai o balón?

6.-A un dos xogadores faille compaña un esquío e o outro está só.

7.-A un dos xogadores alguén debeu tirarlle unha rosa moi fermosa.




No hay comentarios: